QUEN SOMOS
Promocionamos o software libre como ferramenta de progreso para galicia
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademáis, procuramos un modelo de sociedade do coñocemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas infromáticos e facer públicos e accesibles ese progresos.
PROMOCIÓN
Promocionar o Software Libre como ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
INTERLOCUCIÓN
Ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
COLABORACIÓN
Fomentar e organizar a colaboración entre as suas empresas asociadas, de maneira que poidan facilitarse e xerarse novas oportunidades de negocio.
PRODUCTOS E SERVIZOS
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
A e-administración ou administración electrónica refire calquera mecanismo que transforma as oficinas tradicionais en procesos electrónicos.
COMERCIO ELECTRÓNICO
Calquera forma de transacción ou intercambio de información comercial baseada na transmisión de datos sobre redes de comunicación.
FIREWALL CORPORATIVO
Os firewalls corporativos permiten aumentar a velocidade de navegación e protexer os accesos indebidos á nosa información.
FORMACIÓN EN LIÑA
Sistema de educación electrónico ou a distancia no que se integra o uso das TIC e outros elementos para a formación, capacitación e ensino dos usuarios.
INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA
Por xestión de infraestruturas de sistemas inclúense dende o deseño inicial ata o mantemento, soporte e administración de sistemas.
LOCALIZACIÓN SOFTWARE (L10n)
Proceso de adaptación do software a unha rexión xeográfica, engadindo os compoñentes específicos de configuración rexional e traducindo os textos.

PLANIFICACIÓN DE RECURSOS EMPRESA
Sistemas que integran e automatizan as prácticas de negocio asociadas cos aspectos operativos ou produtivos dunha empresa.
REDES SOCIAIS
Redes que teñen como obxectivo relacionarse con amigos e familiares, ou enriquecer as experiencias profesionais e atopar colaboradores.
SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (SIX)
Tecnología formada polo hardware e software orientado á xestión de información xeográfica e espacial.
XESTIÓN DOCUMENTAL DA EMPRESA (ECM)
Estratexias e tecnoloxías empregadas na industria das TIC para manexar documentos e contidos.
XESTIÓN DE CONTIDOS
Un sistema de xestión de contidos (CMS) permite crear unha estrutura de soporte para a creación e administración de contidos en páxinas web por parte dos usuarios.
XESTIÓN DEPORTIVA E CULTURAL
Software de xestión centralizado que permite integrar todos os Centros de Xestión xestionados por unha mesma entidade ou empresa de servizos.
XERAMOS NEGOCIO PARA AS EMPRESAS QUE APOSTAN POLO SOFTWARE LIBRE

SOFTWARE LIBRE
O software libre é unha aposta pola independencia tecnolóxica, polo coñecemento xerado por compartir tecnoloxía, unha garantía de operatividade e soporte a longo prazo porque a persoa desenvolvedora non ten a necesidade de converter en obsoletos os seus produtos para dar continuidade a unha espiral comercial.
PROXECTOS
BOTA UNHA OLLADA A ALGÚNS DOS NOSOS PROXECTOS REALIZADOS
NOVAS
Obradoiro avanzado de LibreOffice
Neste obradoiro veremos como aproveitar algunhas das características que incorpora LibreOffice, e que son menos coñecidas polos usuarios desta suite ofimática. Como compartir documentos cos usuarios doutras ferramentas ofimáticas, configurar correctamente o idioma preferido, exportar documentos a PDF híbrido ou como asinar dixitalmente un documento. Día: 29 de novembro de…
Ler MáisObradoiro para entender e reducir a túa factura da luz
Obradoiro impartido pola Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames. Neste taller explicaranse os conceptos clave da factura eléctrica: termo de potencia (coste fixo pola potencia contratada) e termo de enerxía (coste variable polo consumo real). Tamén detallarase como identificar os impostos…
Ler MáisTaller de posta a punto, reciclaxe a instalación de teu computador – Repair café
Continuamos coas actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames, para 2025, unha iniciativa impulsada po AGASOL, xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames. Actividades enmarcadas dentro das accións de divulgación das novas tecnoloxías en Software…
Ler MáisLocalización GitLab ao galego
A localización do software vai moito máis alá dunha tradución. Localizar significa adaptar unha aplicación á lingua e á cultura das persoas que a usan: non só traducir a interface e os textos, senón tamén ter en conta factores sociais e culturais que garantan que o software sexa natural, comprensible…
Ler MáisObradoiro: O soporte de Windows 10 remata, e agora, que facemos?
Charla informativa/Obradoiro explicámosvos que implica isto desde o punto de vista de seguridade e usabilidade, trae o teu equipo e lévacho totalmente actualizado O 11 de outubro as 11:30h, o Banco de Reciclaxe Electrónico do Milladoiro (BEM), coa colaboración do Concello de Ames, organizará un obradoiro gratuíto no que descubrirás…
Ler MáisA Lei de Ciberresiliencia: consecuencias para as empresas galegas
A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata…
Ler MáisConverte o teu PC nunha máquina recreativa
Agasol organiza o Obradoiro “Converte o teu PC nunha maquina recreativa” o día 28 de setembro de 11:30h a 13:30h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. Se botas de menos aqueles tempos nos que pasabas…
Ler MáisObradoiro LibreOffice “LOGRA MÁIS: MÁIS FÁCIL, MÁIS RÁPIDO”
Agasol organiza o Obradoiro LOGRA MÁIS: MÁIS FÁCIL, MÁIS RÁPIDO o día 21 de setembro de 11:30h a 13:30h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. Neste obradoiro veremos como aproveitar algunhas das características que incorpora…
Ler MáisTaller sobre bicis eléctricas e mantemento de baterias
Agasol organiza este taller o sábado día 22 de xuño, nel poderemos ver as opcións que temos para converter en eléctrica a nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis, así como consellos para o mentemento das baterias dos aparatos eléctricos/electrónicos . Organizado conxuntamente polo Banco de Reciclaxe Electrónica…
Ler MáisRepair café de equipos informáticos
Agasol organiza o Taller REPAIR CAFÉ DE EQUIPOS INFORMÁTICOS, o sábado día 8 de xuño de 11:30h a 13:00h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. Este taller busca reducir a fenda dixital para os colectivos…
Ler Máis










